Benvid@ á nosa casa celeste.

Un lugar para quen vive o Celta con paixón, retranca, alegría e compromiso. Aquí comeza
a túa viaxe coas Lechuzas Celestes.
Desprega a bufanda, abre ben os ollos e entra…

A nosa historia

Todo comezou nun mañaneo tonto, deses que non se esquecen, cando tres celtistas con moitas ganas de troula decidiron que aquel día tiña que pasar algo grande. Javichu, Pita e David, nun arrebato de entusiasmo celeste, deixáronse levar polo mítico “non hai ovos” e, sen pensalo dúas veces, plantáronse no Vilalonga – Celta B o 23 de decembro de 2012.

 

O que naquela altura semellaba unha noite longa e chea de risas, foi en realidade o nacemento dunha familia.

Aquela tarde.. entre cánticos, viños, cervexas e promesas ao vento, deu lugar á creación da Peña Lechuzas Celestes. Un nome tan peculiar como os seus precursores. Nacido do espírito noctámbulo, festivo e fiel á causa celeste. Naquel momento de inspiración, pareceulles brillante chamar á peña “Chuzas Celestes”.

 

Pero, claro, chegou a mañá seguinte e coas ideas algo máis claras… tocou darlle unha volta. Así naceu o nome definitivo: Le-chuzas Celestes. Cun xogo de palabras salvador e un guión redentor, o nome pasou de ser unha trastada nocturna a un símbolo.

 

O noso logo, cun moucho ben elegante, agocha con arte ese pasado de festa. Así naceu o nome definitivo: Le-chuzas Celestes.

Co paso dos anos, a peña medrou, sumando xente, corazóns e voces que animan sen descanso. Nacemos coa con vocación de non pasar desapercibidos nas nosas iniciativas de apoyo incondicional ao Celta e a verdade e que propósito cumprido.

Os nosos ideais

Os nosos ideais defenden un celtismo para todas as idades. Sabemos que a maioría dos nosos socios son adultos, pero sempre coidamos a canteira, porque é necesario que desde pequenos mamen o celtismo máis puro. A peña crece, pero é fundamental pensar no relevo xeracional, para que nunca caduque este sentimento que nos une. De feito, eles teñen o seu propio grupo para acudir cada fin de seman xuntos ao templo.

A forza das mulleres Lechuzas

Tamén creemos firmemente que o celtismo non entende de xénero, pero durante moito tempo poucas mulleres tiveron visibilidade nas gradas, nas peñas ou nas directivas. Por sorte, iso está cambiando —e en Lechuzas Celestes faino dende o primeiro día—.

A nosa historia non podemos contala sen falar dunha das nosas grandes impulsoras e presidenta actual da peña: Marta Saiz.

Non só pola súa paixón polo Celta, senón porque representaba perfectamente os valores que defendemos: un celtismo diverso, alegre, comprometido e igualitario.

 

Desde os inicios da Lechuzas houbo unha decisión clara: que sempre houbese mulleres na directiva. Non por cumprir, senón porque as mulleres forman parte activa, natural e necesaria da nosa familia celeste.

 

E é que ser Lechuza é iso: vivir o Celta con intensidade, cun chisco de retranca e cun espírito colectivo que non entende de egos nin etiquetas. Aquí, cada voz conta. Cada berro suma. Cada muller que colle o megáfono ou organiza unha quedada está a facer celtismo do bo.

 

Grazas, Marta, por abrir camiño. Por demostrar que o fútbol tamén é cousa nosa. Por facer das Lechuzas un fogar onde as mulleres teñen sitio, voz e forza. E por lembrarnos, en cada partido, que o celtismo é máis bonito cando se vive en compañía, con afouteza… e cun pouco de cachondeo, claro.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/gradario/2024/03/08/presidentas-celestes/0003_202403V8P41991.htm

O noso presente

Hoxe en día, as Lechuzas Celestes somos unha das peñas celtistas máis numerosas de Vigo, procuramos estar presente en cada partido, en cada bancada, en cada quilómetro percorrido por seguir ao noso Celta.

Porque ser Lechuza é moito máis ca animar: é vivir o celtismo con paixón, afouteza, humor, amizade e moito, moito amor polo noso escudo.

¡Sempre Celta, sempre Lechuzas!

Únete á familia

Queres formar parte da nosa peña? Compartir risas, viaxes e berros de gol?

Escríbenos ou achégate a nos en cada partido.

 

Únete a lechuzas