Benvidos á nosa nova web! A casa dixital da Peña Lechuzas Celestes xa está aquí!

Ola, seareiros e lechuzas!

Con moitísima ilusión e un gran orgullo vos anunciamos algo no que levamos tempo traballando: xa está en liña a nosa nova páxina web oficial!

Despois de moito esforzo e dedicación, por fin temos un espazo propio na rede. Unha sede virtual para toda a familia celeste que forma a nosa peña, un punto de encontro para centralizar a nosa actividade, compartir a nosa paixón e estar máis preto de todos vós.

Que poderedes atopar na nosa web?

Nesta primeira versión, deseñamos un espazo sinxelo e directo con todo o que precisades:

  • 📰 Últimas Novas: O día a día da peña e toda a actualidade relevante do noso Celta para que non perdas detalle de nada.
  • 🦉 A Peña: A nosa historia, os nosos valores e quen somos. O corazón e a alma de Lechuzas Celestes!
  • 🛒 Lechu-Tenda: O noso recuncho exclusivo para facerse co merchandising oficial da peña. Viste as nosas cores con orgullo!
  • Únete a Le-Chuzas: Queres ser un máis nesta familia? Nesta sección atoparás o formulario para inscribirte directamente como novo socio ou para renovar a túa praza cando sexa a tempada. Máis doado, imposible!
  • 📧 Contacto: A vía máis directa para falar con nós, resolver dúbidas, enviar suxestións ou propoñer ideas.

Isto é só o comezo! Iremos facendo seccións novas co paso do tempo, así que estade atentos ás futuras novidades que iremos engadindo.

Convidámosvos a todos a navegar por ela, a explorar cada recuncho e, sobre todo, a que a sintades vosa.

Grazas a todos os que fixestes posible este proxecto! Agora, a difundila!

Unha forte aperta, moita saúde e Hala Celta!

A Directiva da Peña Lechuzas Celestes

Comentarios

Aínda non hai comentarios. Por que non comezas a conversa?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *