Le-Chuzas Celestes! A engrenaxe para a tempada 26/27 xa está en marcha e queremos que a nosa voz soe máis forte que nunca. Lanzamos oficialmente a campaña onde os máis veteranos revalidan o seu compromiso e os novos integrantes comezan a escribir a súa historia connosco. ¡E atención! Para facelo aínda mellor, a primeira renovación será de balde.
Se xa es parte do colectivo, toca renovar os votos co Celta sen que che coste nada nesta primeira ocasión; se estabas agardando o momento de dar o paso, a bancada espérate cos brazos abertos.
O proceso comeza hoxe mesmo, 28 de xuño ás ??:45h (tes que adiviñar a hora para ser o primeiro rexistro e ter a túa renovación de balde), e os prazos quedan organizados do seguinte xeito:
-
Se vas renovar: Tes ata o 12 de xullo para facelo de xeito prioritario (aproveita a primeira renovación de balde).
-
Se és unha nova alta: O prazo permanecerá aberto ata o 1 de agosto.
Toda a información sobre os métodos de inscrición e tarifas está dispoñible no formulario de ingreso nesta ligazón. Asegura o teu carné e prepárate para un ano inesquecible.
¡Forza Celta!